jueves, 15 de mayo de 2014

Onte pola tarde, mércores 14 de maio, participamos nos xogos populares que se organizaron no colexio. Descubrimos o divertidos que son! Facede click neste debuxo para ver as fotos.

 

lunes, 12 de mayo de 2014

Esta é a semana das Letras Galegas. Hoxe baixamos á biblioteca para representar "Un mosquito de nome Henri" (os de 3º) e "Disputa entre as letras"(os de 4º). Tamén asistimos ás actuacións dos nosos compañeiros e compañeiras de infantil e do 1º ciclo. Os nenos e nenas de infantil bailaron "O sol", os de 1º dramatizaron o conto "Dona Carme", e os de 2º bailaron "En galego falo".

Pinchade nesta foto para ver algún momento das actuacións.




miércoles, 30 de abril de 2014

CAMPIONATO DE BRILÉ

      Durante o mes de abril celebrouse no centro un capionato de brilé. Participaron alumnos/as de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, organizados en 6 equipos de 10 xogadores cada un.
        Hoxe día 30 de abril, xogouse a final. Aquí vos deixamos imaxes dese momento.
       Tamén queremos informarlle que ao longo do mes de maio celebraremos un campionato de fútbol-sala no que participará o alumnado que o desexe dos cursos de 2º a 6º de primaria.


martes, 29 de abril de 2014

Arearea é unha obra pintada polo francés Paul Gauguin, en 1892, durante a súa estanza en Tahití. Tamén se coñece informalmente como «O can vermello». Dende 1961 está o Museo de Orsay de París
A corrente artística ao que representa é o expresionismo. A obra recupera o concepto da sinestesia, un recurso, que intenta fusionar pintura e música. Ademais da función decorativa trátase de activar os sentidos equiparando o ritmo de formas e cores co son ou o movemento. A muller que toca a frauta e as figuras do fondo que danzan reforzan a asociación coa música.

Se pinchas a imaxe, poderás mirar como os alumnos e alumnas de 3º pintamos esta famosa obra.
Os nenúfares (en francés Les nymphéas) é un ciclo de pinturas ao óleo que executou o pintor impresionista Claude Monet (aproximadamente 250 obras) ao final da súa vida, sobre amplos paneis, como o da ilustración, que mide 219 × 602 cm, e que actualmente se exhiben no Museo da Orangerie, en París, Francia. Estes inmensos paneis representan un lago con nenúfares. Son representacións do Xardín de Giverny, lugar onde se instalou Monet coa súa familia e construíu un terreo en 1890. Monet instala alí un estanque con plantas exóticas que será o modelo dos seus famosos nenúfares. Monet pintounos para que quedasen suspendidos en círculo (dentro dunha estanza circular) de modo que crean o efecto do transcorrer dun día ou o das catro estacións que se desvelan ante os ollos do espectador.
Se pinchas nesta pintura  de Monet, poderás ver as recreacións que fixemos en 3º curso dos seus nenúfares.


martes, 8 de abril de 2014

Vídeo do tren de Curtis

Ola! Mirade o vídeo do tren de Curtis! Que ben estamos tod@s!

martes, 1 de abril de 2014

O pasado xoves houbo teatro na biblioteca. A obra chamábase A súa vida. Foi interpretada polo grupo Leda Teatro. Este era o argumento: unha nena e un neno nacen o mesmo día. Os dous van medrando e atopándose ao longo da súa vida, namorando, escoitando, estudiando, coidando un doutro... Unha deriva pola vida de dous rapaces que comparten a súa vida.